jueves, 18 de febrero de 2016

Sobre os refuxiados. Dìa mundìal da radio


Día Mundial da Radio, 2016
Día Mundial da Radio, 2016


Palabra do ano, 2015
Palabra do ano, 2015

Comezamos lendo un texto do Portal das Palabras, a palabra "refuxiado", que foi elixida palabra do ano neste Portal. O texto de lectura permitiranos facer un percorrido por algúns feitos históricos ( Sociedade das Nacións, ONU, Tratado de Versalles,...) que aparecen no noso currículo. Para acceder ao texto pincha neste enlace.

A palabra refuxiado no Portal das Palabras
A palabra refuxiado no Portal das Palabras





Mapa mental da lectura




DOCUMENTÁNDONOS NA AULA:



O Día Mundial da Radio a ONU reivindica o poder das ondas en momentos de crises. Nacións Unidas destaca que a radio é o mellor "instrumento salvadidas" en zonas de desastre xeradas por urxencias humanitarias. A radio é un instrumento que dá voz aos débiles e salva vidas en zonas de urxencia, que alenta aos supervivientes e instrúe á poboación a costa dos sacrificios de moitos xornalistas e cooperantes humanitarios especializados en comunicación que arriscan diariamente as súas vidas para estender a información aos máis desfavorecidos. A radio demostrou a súa importancia coa letal epidemia de ébola que asolou o continente africano, onde os xornalistas non só contribuíron a concienciar á poboación para impedir o contaxio, senón que colaboraron, a golpe de mensaxe limpa, a cortar de raíz a difusión de falsos rumores sobre a mortalidade do virus e o seu contaxio.
"Hai que protexer, custe o que custe o dereito dos xornalistas a protexer as súas fontes confidenciais ata nos momentos de urxencia e desastre", insiste a Organización de Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO).


DEBATIMOS



debate1  



 RADIO S.O.S.




TESTEMUÑA






 

"Non hai amor á pobreza"




viernes, 29 de enero de 2016

Día da Ilustración. Adaptando a Castelao en clave VisualThinking.

O 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración, coincidindo coa data de nacemento de Castelao. Eleximos libros de Castelao na biblioteca do instituto. Eu seleccionei un libro de ilustracións: Cincoenta homes por dez reás. 
A miña viñeta criticaba a un home medoñento que non se atrevía a andar en coche e pensei que se podía actualizar a unha temática ecoloxista : o exceso de coches destrúe o aire das nosa cidades.
Este foi o resultado.




IDEOGRAMAS

Un ideograma é un signo esquemático non lingüístico que representa globalmente en conceptos ou mensaxes simples. Por exemplo, os sinais de tráfico ou os símbolos químicos e matemáticos. Caracterízanse polo seu universalidad, a súa economía e a rapidez con que se verifica a súa percepción: de aí o seu amplísimo uso.

O concepto de ideograma representa un ser ou unha idea directamente sen necesidade de transcribir palabras ou a frases que o expliquen.